Monbus estende o sistema de reserva de praza para as tarxetas TMG e TXN
Monbus amplía o sistema de reserva garantida de praza engadindo relacións de tráfico incluídas na XG817.
Así, ademais das persoas usuarias que ata o de agora se beneficiaban deste sistema piloto, engádense determinados percorridos do Eixo Atlántico.
XG802 e XG623:inclúense roteiros como
XG817: algúns dos novos percorridos son:
Desde o seu lanzamento o pasado novembro, a reserva de praza tivo unha gran acollida entre as persoas viaxeiras xa que permite planificar a viaxe con antelación minimizando esperas e colas ademais de beneficiarse igualmente dos descontos que conleva a utilización da TMG ou a TXN como medio de pago.
As persoas interesadas tan só teñen que darse de alta na páxina web de Monbus e, unha vez completado o rexistro, buscar a súa viaxe, obtendo así un xustificante que deben entregar ao acceder ao bus antes de proceder ao pago coa TMG ou TXN.