Reserva a túa praza para as tarxetas TMG e TXN
Monbus lanzou o pasado novembro o sistema de reservas para que os usuarios da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG) e da Tarxeta Xente Nova (TXN) poidan reservar praza con antelación nos seus servizos.
Para acceder ao sistema, os usuarios teñen que dirixirse á páxina web de Monbus e rexistrarse facilitando os seus datos persoais, o número da súa tarxeta TMG ou Xente Nova e abonar unha fianza de 10€, que pretende evitar o uso indebido do sistema de reservas. Cando se completa o rexistro, o proceso é tan sinxelo como buscar a viaxe desexada e seguir os pasos. Unha vez feita a reserva, deberase presentar o xustificante directamente no autobús ao persoal de condución e pagar coa TMG ou a TXN.
Este sistema está dispoñible para as relacións de tráfico da XG817 que comprenden o Eixo Atlántico así coma para as concesións XG623, XG802 e XG614. Consulta aquí o mapa de rutas.
Con esta ferramenta, os usuarios poden planificar a súa viaxe con antelación, ao tempo que evitan colas e esperas nas estacións e continúan beneficiándose dos descontos que ofrece a Xunta de Galicia, utilizando a TMG ou a TXN.