Monbus arrinca o servizo de transporte urbano entre Sant Boi e Barcelona
Tras adxudicarse o concurso, a UTE formada por Monbus Autocares Julià, iniciou o pasado 16 de xullo o servizo de transporte urbano de viaxeiros entre Sant Boi de Llobregat, Barcelona e outros 12 municipios.
Trátase dun servizo diúrno de 16 liñas, cun total de ata 537 paradas, que cubrirá o ámbito territorial dos municipios de Sant Boi de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Joan Despí, Sant Feliu de Llobregat, Sant Just Desvern, Esplugues de Llobregat, L'Hospitalet de Llobregat, El Prat de Llobregat, Santa Coloma de Cervelló, Torrelles de Llobregat, Castelldefels, Gavà, Viladecans y Barcelona. Durante o ano 2019, este servizo desprazou a máis de 10 millóns de pasaxeiros.
O servizo prestarao unha frota de ata 126 autocares de última xeración, entre os cales 88 unidades híbridas (motorización combinada eléctrica e de combustión) e 9 unidades 100% eléctricas.