Monbus traslada a refuxiados ucranianos
Dende o inicio do conflito bélico que afecta á poboación de Ucrania, Monbus está a formar parte de distintas accións colaborando para axudar aos afectados.
Acción coa Comunidade de Madrid
O pasado 11 de marzo púxose en marcha unha acción humanitaria conxunta entre Monbus, a Comunidade de Madrid, a Fundación AFE (Asociación de Futbolistas Españoles) e a Coordinadora Unitaria de Bomberos Profesionales (CUBP) que ten como obxetivo axudar ao pobo de Ucrania.
Ese venres saíu do Hospital Zendal de Madrid o convoi cargado con tres toneladas de alimentos e material sanitario que atravesou Europa ata chegar a Cracovia o domingo 13 de marzo.
Unha vez alí e despois de entregar toda a mercancía ás familias ucranianas, o convoi partiu de novo de Cracovia con 41 persoas refuxiadas que chegaron o 16 de marzo a Madrid, onde serán acollidas pola comunidade.
Javier Cuesta, Director Xeral de Monbus, recibiu aos refuxiados no hospital xunto a David Aganzo, presidente da Fundación AFE e Carlos Novillo, viceconselleiro de Interior e Dirección da Axencia de Seguridade e Emerxencias Madrid 112 da Comunidade de Madrid.
Acción coa Universidade de Santiago de Compostela
Por outra banda, Monbus xunto a membros do Equipo de Investigacións Políticas da Universidade de Santiago de Compostela viaxou ata a fronteira de Polonia con Ucrania, á cidade de Rzeszow.
Alí puideron entregar máis de cinco toneladas de material sanitario e comida para atender as necesidades das persoas refuxiadas grazas tamén á colaboración da ONG AGA Ucrania e ao Concello de Ares.
Emprenderon a viaxe de volta xunto a 47 refuxiados que chegaron a Santiago o xoves 17 de marzo.