Monbus patrocina unha pista de baloncesto
Este reto solidario iniciouse fai máis dun ano co lanzamento, por parte de MMartinyca, dunha colección de abarcas menorquinas con solas elaboradas con neumáticos Bridgestone fora de uso e reciclados. Con cada venta desta acción dónase un neumático para a construcción de pistas de baloncesto para nenos e xoves en risco de exclusión social.
A primeira cancha deste proxecto, que aúna tres dos principais valores da compañía: compromiso social, sustentabilidade e deporte, xa está moi preto de facerse realidade. As grúas empezaron a marcar os 420 m2 de terreo para alisalo e instalar a pista que podrán disfrutar os nenos da ONG Holystic Pro-África, que centra a súa actividade en tres grandes áreas: saúde, formación e deporte.
Monbus manifestou en numerosas ocasións o seu firme compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade. Ademáis de participar neste tipo de accións solidarias, como parte da súa política ambiental adopta día a día novas medidas para optimizar o consumo enerxético e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. De feito, conta con varias certificacións oficiais que así o corroboran, como a UNE-EN ISO 14064-1 que verifica os informes de emisións de gases de efecto invernadoiro; a UNE-ISO 50001 de xestión da enerxía; a UNE-EN ISO 1400 de xestión ambiental; a EA 0050 de conducción eficiente; o selo Calculo + Reduzco do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente que permite ás organizacións demostrar a súa participación no Rexistro Nacional de Pegada de Carbono e, do mesmo modo, recoñece o grao de esforzo acometido na loita contra o cambio climático; e a adhesión ao Programa de Acordos voluntarios da OCCC.