Monbus comprométese a reducir as súas emisións
En Monbus mantense, desde hai tempo, un firme compromiso co medio ambiente e a loita contra o Cambio Climático. Froito del, as cinco sociedades máis representativas de Monbus sumáronse ao Programa de Acordos Voluntarios para a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. Trátase dunha ferramenta impulsada pola Oficina Catalá do Cambio Climático (OCCC) para aqueles que buscan reducir as súas emisións, máis aló do que obriga a normativa.
As empresas adheridas deberán elaborar un inventario de emisións, así como expor e implantar medidas para reducilas. Estas medidas afectarán tanto as actividades que levan a cabo nas súas instalacións como na frota de vehículos relacionada directamente coa súa actividade.
As empresas partícipes deste acordo, contarán co selo de calidade en recoñecemento á realización de accións dirixidas á mitigación do cambio climático como a renovación de frota e o fomento da condución eficiente na nosa sociedade.
En consonancia co Programa de Acordos Voluntarios, Monbus poñerá en marcha varias iniciativas de sensibilización cidadá durante a Semana Europea da Mobilidade para impulsar o uso dos medios de transporte públicos e concienciar sobre a polución derivada do transporte masivo individual.