Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus festexa o Día das Letras Galegas

Monbus súmase un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas este próximo 17 de maio e faino cunha reedición dun conto do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, que leva por título O conto de Serafín. O Santuario da Franqueira, escrito para a colección ‘Contos do Castromil’.

Desde esta mesma semana, Monbus encherá os seus autocares e as estacións das principais cidades galegas con carteis en honor a Antón Fraguas e obsequiará aos seus pasaxeiros cuns marcapáxinas deseñados para conmemorar esta xornada tan especial. Este regalo incluirá dous códigos QR para que os usuarios poidan descargar este texto do autor de Cotobade, tanto en formato dixital coma en audiolibro.

O Conto do Serafín. O Santuario da Franqueira, narra un dos contos que sabía este personaxe, o conto dun cego, ademais dunha das lendas máis curiosas que rodean ao Santuario da Franqueira na Cañiza: a do soldado, o mouro e a Virxe da Franqueira.

Este conto foi un dos relatos incluídos na colección ‘Contos do Castromil’, editada nos anos 90 por esta empresa de autobuses que máis tarde pasou a formar parte de Monbus. Ademáis do reparto destas publicacións especiais en cada viaxe a todos os seus pasaxeiros, esta campaña serviu tamén para dar nomes de ilustres personalidades galegas aos seus vehículos (Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao…).

A colección estaba formada por 30 textos cortos orixinais de escritores e escritoras galegas, unha iniciativa que saiu da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e contou co patrocinio da Xunta de Galicia. Editados por Ir Indo, distribuíronse un total de 450.000 exemplares entre os anos 1992 e 1994.

Xa na edición do ano pasado Monbus reeditou en formato dixital unha das publicacións desta colección de contos para a celebración das Letras Galegas. Querida avoa, da escritora María Victoria Moreno (autora homenaxeada no 2018) distribuíuse entre todos os viaxeiros de Monbus en Galicia durante o mes de maio.