Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro triunfa en Burgos

O Monbus Obradoiro camiña con paso firme cara ao seu obxectivo da permanencia e con vitorias como a conseguida ante San Pablo Burgos (76-84) está cada vez máis preto de conseguilo.

O conxunto santiagués tivo a Ben Simons como referente na súa visita á cancha burgalesa. O aleiro norteamericano anotou 10 triplos decisivos no resultado final e igualou a mellor marca dun xogador do Monbus Obradoiro na liga Endesa, mérito que comparte co seu compañeiro Kostas Vasileiadis.

No arranque do partido o equipo dirixido por Moncho Fernández mostrouse máis sólido que o seu rival e iso permitiulle tomar vantaxe. Simons iniciou o seu recital de triplos con catro acertos mentres que do xogo interior encargábanse Nacho LlovetVladimir Bordziansky (18-27).

No inicio do segundo cuarto os locais voltearon o marcador e mesmo chegaron a gozar dunha renda de cinco puntos, pero de novo o tiro exterior do Monbus Obradoiro nivelou o resultado. Ao descanso quedaba todo por decidir (44-47).

Na continuación o partido subiu en intensidade e os dous equipos buscaron o aro con insistencia. Nick Spires e Kostas Vasileiadis lideraron a faceta ofensiva no terceiro parcial mentres o marcador cambiaba de mans constantemente (65-62).

Cando o seu equipo máis o necesitaba apareceu outra vez Ben Simons. O americano liderou a remontada con tres triplos practicamente consecutivos que noquearon ao equipo local. Co resultado a favor, o Monbus Obradoiro xogou mellor as súas cartas nos minutos finais e conseguiu levar unha merecida vitoria.