Monbus recibe un novo certificado ambiental
En consonancia coa súa Política Ambiental, Monbus continúa dando boa mostra do seu pleno compromiso na devandita materia ao recibir de mans do Conselleiro de Territorio e Sustentabilidade da Generalitat de Cataluña, Damià Calvet, o selo de calidade que acredita a adhesión ao Programa de Acordos Voluntarios da citada comunidade, nun acto que contou tamén coa presenza da Secretaria de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Marta Subirà, e a Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Mercè Rius.
Como parte deste programa, que promove a redución voluntaria das emisións de gases de efecto invernadoiro, Monbus comprométese a elaborar un inventario anual de emisións, así como á implantación de medidas encamiñadas á súa redución.
Monbus suma, deste xeito, unha nova certificación que corrobora a súa firme colaboración na loita contra o Cambio Climático.