Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus promove un futuro máis eficiente

Na súa loita contra o cambio climático, a estratexia ambiental de Monbus pasa polo claro obxectivo de mellorar o seu desempeño enerxético, reducindo o consumo de enerxía e, con iso, as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Como aval de que este propósito vai por bo camiño, gran parte das empresas adheridas a  Monbus contan coa certificación UNE ISO 50001 de Sistemas de Xestión da Enerxía. Esta importante ferramenta axuda a levar un control exhaustivo do consumo de enerxía e a establecer obxectivos acorde ás posibilidades reais de redución. A maiores, a norma permite detectar máis facilmente posibles áreas de mellora nas que seguir progresando na eficiencia enerxética.

Enmarcado dentro desta estratexia, varias empresas adheridas a  Monbus poñerán en marcha proximamente un novo proxecto de mellora enerxética, centrado en tres puntos: a realización de auditorías enerxéticas, a implantación dun novo sistema tecnolóxico para a xestión de frotas e a formación do persoal. Con todas estas medidas Monbus espera conseguir unha redución de polo menos o 10% no consumo enerxético nas frotas implicadas. 

Paralelamente, estas medidas axudarán a conseguir tamén avances na produtividade e na seguridade, xa que se dispoñerá de máis información e medios para optimizar a planificación de rutas ou mellorar o control das incidencias na estrada.