Monbus obtén o selo Calculo + Reduzco
O compromiso de Monbus co medio ambiente foi sempre moi firme e por iso, dada a súa actividade de transporte de viaxeiros por estrada, a loita contra o cambio climático estivo sempre entre as súas prioridades. Froito deste compromiso, Monbus leva xa varios anos calculando os súas emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (a coñecida coma Pegada de Carbono) e traballando por reducir estas emisións, todo elo ao amparo da norma ISO 14064.
Coma resultado deste continuo esforzo, 14 das empresas adheridas a Monbus acaban de obter o selo Calculo + Reduzco, do Rexistro Nacional da Pegada de Carbono, promovido polo Ministerio do Medio Ambiente. Esta distinción é un recoñecemento, por parte desta Administración, da consecución dunha redución obxectiva das emisións.
Tras varios anos publicando as súas emisións na web do Ministerio e levando a cabo un plan de redución mediante diversas medidas, como a renovación da frota e o fomento da condución eficiente entre os seus empregados, Monbus obtén unha nova certificación que respalda a consecución dos seus obxectivos.
Con todo, Monbus seguirá traballando por un aire máis limpo con novos plans de redución de emisións que seguirán mantendo vixente a súa loita contra o Cambio Climático.