Os usuarios mostran a súa confianza en Monbus
O benestar e comodidade dos usuarios foi sempre unha máxima para Monbus. Coñecer de primeira man a opinión dos seus clientes acerca das diferentes áreas que engloban a súa oferta de servizos é, por tanto, vital para seguir mellorando constantemente as súas actuacións. Nese aspecto, Monbus pon a disposición dos seus usuarios unha enquisa de calidade que se pode realizar tanto na páxina web como a través da conexión á rede Wi- Fi dos autobuses de 22 das empresas certificadas con estándares de calidade ISO 9001 e 13816.
Nas máis de cinco mil opinións recibidas durante o último ano, os resultados demostran que Monbus segue mantendo a confianza dos seus usuarios. Porque hai algo que está claro: se che gusta, repites. Por iso, un 94% dos enquisados volvería viaxar con Monbus nunha futura ocasión.
O trato recibido por parte do persoal é un dos puntos máis destacados da sondaxe, xunto ás condicións de seguridade, a condución e a limpeza e o bo estado de conservación dos autobuses: todos estes aspectos alcanzan o sobresaliente cunha nota de 9 sobre 10.
O nivel de satisfacción é, así mesmo, elevado respecto da oferta de horarios, frecuencias e paradas. 8 de cada 10 apuntan estar satisfeitos ou moi satisfeitos con este apartado. Ata esa excelente cota chega igualmente a confianza nos horarios programados e no seu cumprimento.
A accesibilidade dos medios ofrecidos para a compra de billetes e a información ofrecida aos clientes sobre as rutas superan o notable na avaliación. Os usuarios de Monbus mostran tamén a súa responsabilidade social ao considerar nun 84% que usando este tipo de transporte está a respectar o medio ambiente.
Tamén se valora positivamente a atención recibida por parte de Monbus en canto a consultas, reclamacións e suxestións. Preto dun 80% das respostas consideran adecuado o servizo prestado a través da web, telefonicamente ou de forma presencial.