MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

Resumo

Servizos especiais de Monbus para Carnaval

O Carnaval achégase e unha vez máis Monbus realizará servizos especiais para cubrir as festas en Xinzo e Verín. A compra de billetes xa está dispoñible en taquilla grazas á venda anticipada. Desta forma, os usuarios  poderán evitar colas para comprar os billetes o mesmo día dos eventos. Os servizos son:

- 8 de febreiro: Xoves de Comadres Ourense (Estación de Autobuses e Parque de San Lazaro) - Verín directo.

A saída desta expedición especial realízase ás 22:00h desde a Estación de Autobuses de Ourense e o Parque San Lázaro. En canto ao regreso o día 9 de febrero, o usuario disporá de frecuentes saídas a partir das 04:30h.

- 10 de febreiro: EntroidoBus  Ourense - Allariz -  Xinzo de Limia.

O 10 de febreiro, ademáis dos servizos habituais con saída da Estación de Autobuses de Ourense con parada en Allariz e destino Xinzo de Limia, Monbus engadirá unha saída especial ás 23:00. Por outro lado, as saídas para o traxecto de volta Xinzo - Allariz - Ourense o domingo 11 terán lugar a partir das 04:00h.

Monbus tamén ofrece a posibilidade de viaxar a Verín ou Xinzo desde cualquera outro punto, grazas ao aluguer de vehículos con conductor e sen conductor, integrando as tres opcións de transporte en función das necesidades específicas dos viaxeiros.