Benvido á nova web de Monbus!
Despois de intensos meses de traballo, ve a luz o novo portal web corporativo de Monbus. Trátase dun proxecto ambicioso que contou coa participación de especialistas no sector, tanto a nivel de programación coma de deseño e contido.
O novo portal trata de conxugar a creatividade e modernidade coa utilidade e a fiabilidade. A grandes rasgos a estrutura do sitio web pódese dividir nas tres principais líñas de negocio da empresa:
– Venda online de billetes de autobús e catamarán (servizos de Transporte Regular).
– Alugueiro de autocares e automóbiles de alta gama con condutor (servizos de Transporte Discrecional).
– Alugueiro de vehículos a longo prazo e a curto prazo sen condutor (servizos de Renting).
Para que poidas navegar facilmente pola web, as tres áreas de negocio terán un acceso directo dende calquera parte do portal.
►VENDA ONLINE DE BILLETES
O proceso de posta en marcha da venda de billetes estará dividido en dúas fases:
1ª- Na primeira, os usuarios poderán mercar billetes a través de internet para as liñas de longo percorrido por España da empresa Vibasa e tamén para o catamarán da Ribeira Sacra (Galiza) xestionado por Viajes Hemisferios.
2ª- Nunha segunda fase, xa será posible mercar a través da web a totalidade de servizos de transporte regular de viaxeiros ofertados por Monbus. Paralelamente, iranse pechando as actuais páxinas web (coma por exemplo, a de Vibasa, Viajes Hemisferios, La Hispano Igualadina ou AlcalaBus).
Non obstante, tanto a consulta de horarios e a súa descarga en pdf, coma a información relativa á rede de vendas (despachos de billetes e axencias) estará dispoñible dende o principio para todas as liñas e expedicións que operan as diferentes empresas adheridas a Monbus.
- Xeitos de mercar un billete
No portal web actual existen varias vías para que poidas mercar un billete:
– A través do módulo (widget) de compra situado na páxina de inicio. Pola súa rapidez, esta é a opción máis recomendable se xa coñeces a orixe e o destino do teu traxecto e estás familiarizado co manexo deste tipo de módulos.
– Apoiándote no noso sistema de axuda paso a paso. Se non tes moita experiencia con este tipo de procesos proba este módulo. Guiarémoste durante o proceso de compra de principio a fin para facilitarche as cousas.
– Mediante un Mapa interactivo con interface de Google Maps no que poderás ir explorando as diferentes rutas e paradas internacionais, nacionais e rexionais nas que opera Monbus. Se dispós de algo de tempo, esta é a mellor opción para coñecer toda a nosa oferta dispoñible de servizos de transporte regular. Lembra que tamén poderás localizar a situación exacta dos nosos despachos abertos ao público para a venda de billetes.
- Ofertas especiais
Con frecuencia poderás optar a unha serie de ofertas especiais con importantes descontos no prezo do teu billete para determinadas rutas de autobús ou catamarán.
- Rutas e Puntos de Venda
Se queres coñecer en profundidade toda a oferta de servizos de transporte regular que oferta Monbus nun determinado país, comunidade autónoma ou cidade, esta é a túa sección. Rutas internacionais de autobús por Europa e África, rutas de longa distancia por España, rutas rexionais, metropolitanas e urbanas en Catalunya, a Comunidade de Madrid, Galiza, Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Murcia.
- Modificación de billetes
Se xa mercaches un billete nesta web ou nun punto de venda autorizado e queres modificar a hora de saída, a data, a numeración dos asentos e engadir ou quitar equipaxe especial, só tes que acceder á Área Posventa da web e introducir o código da reserva que che facilitamos no momento da compra e o teu correo electrónico. Mesmo poderás xestionar o teu billete a través da web aínda que o mercaras no despacho de billetes.
- Códigos QR
Todos os billetes de autobús incluirán un código QR. Ao empregar unha aplicación lectora de códigos QR e escanear o código do billete, poderás acceder directamente á web e levar a cabo todas as xestións que queiras relacionadas co mesmo. Ademais, será posible acceder ao autobús amosando o billete no propio móbil.
Como anticipo a futuras novidades e melloras, debes saber que estamos traballando nunha aplicación móbil que conterá as principais funcionalidades da nova web.
►ALUGUEIRO DE VEHÍCULOS
Se queres alugar un autocar ou un coche de luxo con chofer para unha voda, un concerto musical, un “transfer” ao aeroporto, etc., poderás solicitar presuposto a través dun sinxelo formulario paso a paso. Dun xeito moi similar poderás dar o primeiro paso na contratación dun renting para frotas de vehículos. Se queres conducir un coche de alugueiro, un módulo específico de idéntico funcionamento estará habilitado para que poidas solicitar presuposto a medida. O equipo humano de Monbus estará pendente da chegada da túa solicitude para atenderte de inmediato.
- Frota
As características dos vehículos de alugueiro de Monbus, están recollidas na sección de frota subdivídese en catro amplos apartados: frota de autocares, de turismos, catamarán e por último, vehículos de ocasión.
►TURISMO DE EVENTOS
Outra das novidades da web é a aposta firme pola promoción de eventos. Terás á túa disposición moitos artigos exclusivos acerca das mellores festas patronais, eventos deportivos, culturais, gastronómicos, concertos musicais etc., para que poidas profundizar na cultura ancestral e moderna dun gran número de poboacións españolas viaxando con Monbus. En moitos casos, a promoción dun evento vai acompañada de importantes descontos nalgún dos medios de transporte que oferta Monbus.
►NOTICIAS
Tamén haberá lugar para as noticias de interese do sector de transporte e novidades relacionadas con Monbus.
►REDES SOCIAIS
Por outra parte, a saída da web irá da man das redes sociais. Crearase, en primeiro lugar, unha páxina de empresa en Facebook para Monbus na que poderás participar nunha serie de sorteos e concursos para obter agasallos coma entradas para asistir a algún concerto ou descontos nas viaxes que realices con Monbus. Tamén se levará a cabo a publicación de moitos outros contidos pensados para entreterse, informarte e como non, para ofrecer outra vía efectiva de Atención ao Cliente.
►MULTI - IDIOMA
Aínda nunha fase inicial do proxecto, o portal só estará dispoñible na lingua castelá, poderase acceder a todo o contido en ata seis idiomas que incluirían ademais deste, o catalán, galego, euskera, inglés e francés.
►ATENCIÓN AO USUARIO
Se queres contactar connosco poderás facelo a través de diferentes vías: por teléfono, email, en persoa, correo postal e tamén a través da propia web. Neste sentido podes consultar a nosa sección de preguntas frecuentes para obter respostas rápidas aos problemas que se soen presentar máis a miúdo.
Unha novidade importante é a implantación dun servizo de atención especial a Persoas de Mobilidade Reducida (PMR), na que os interesados poderán contactar connosco para coñecer a dispoñibilidade de servizos de transporte adaptados para PMR na súa localidade nunha data concreta, onde serán informados puntualmente en cada caso.
►OFERTAS DE TRABALLO
No portal tamén poderás atopar unha sección destinada á oferta de emprego de Monbus. Se cres que o teu perfil pode encaixar na nosa filosofía e queres traballar connosco envíanos o teu CV.