Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Día das persoas con discapacidade

Como cada 3 de decembro, desde que a Asemblea Xeral das Nacións Unidades declaráseo en 1992, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Estímase que, a nivel mundial, un de cada sete habitantes sofre algún tipo de discapacidade, o que fai totalmente imprescindible contar con medios de transportes adaptados a todas as situacións.
 

Monbus traballa na mellora das condicións de accesibilidade dos seus servizos, para garantir o dereito das persoas para poder desprazarse libremente con independencia da súa condición física, mental ou sensorial.  Na actualidade, a metade dos vehículos de  Monbus son accesibles a persoas de mobilidade reducida ( PMR). A adquisición de novos vehículos realízase tendo en conta a lexislación vixente e a tecnoloxía dispoñible neste ámbito, como sistemas de inclinación, ramplas ou elevadores, dimensións das portas e corredores adaptados, sinalización adecuada, espazo para localización de cadeiras, medios adecuados de suxeición, entre outros.

Os usuarios dispoñen dunha atención especializada para transporte adaptado, podendo solicitalo para traxectos interurbanos operados por  Monbus, enchendo un breve formulario na sección de contacto da web,  a través de correo electrónico, redes sociais (twitter e facebook) ou teléfono (en todos os casos cun mínimo con dous días de antelación). No caso de traxectos urbanos, a frota de  Monbus está adaptada ao esixido  pola normativa, cun equipamento completo para  PMR.

Como consecuencia destes esforzos,  Monbus dispón cada vez de máis vehículos accesibles ás Persoas de Mobilidade Reducida ( PMR), así como a certificación segundo a Norma UNE 170.001-2 de Accesibilidade Universal en catro das súas  empresas. Esta certificación, garante que se cumpra a lexislación de aplicación, así como unhas condicións mínimas (requisitos  DALCO, para a Deambulación, Aprehensión, Localización e Comunicación). Adicionalmente, obriga ás empresas para ir mellorando paulatinamente estes servizos.