Monbus invirte nun proxecto que mellorará considerablemente a experiencia do usuario
Coa firme intención de mellorar día a día a calidade dos seus servizos, Monbus está traballando nun novo proxecto que consiste na implantación de sofisticados sistemas tecnolóxicos que lle permitirán contar cun centro de control da frota propio e mellorar así a información ofrecida ao usuario.
Esta iniciativa é totalmente compatible co Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade (SAE), plataforma impulsada pola Xunta de Galicia e integrada no Plan de Modernización do Transporte que se porá en marcha a partir do verán de 2015.
A plataforma dispón dun Centro de Control no que se recibirán datos do posicionamento dos vehículos que operan nas concesións de transporte regular de Galicia, o que axudará a mellorar o servizo de atención á cidadanía.
Esta ferramenta ofrece unha serie de vantaxes tanto para as empresas concesionarias de líñas de transporte regular de Galicia, como para os 25 millóns de usuarios que as empregan cada ano, a través de máis de 1000 autobuses.
Entre outras funcionalidades, o sistema permitirá a localización en tempo real da frota, o que facilitará o seguimento dos vehículos, a rápida xestión de posibles incidencias e en xeral optimización da explotación do servizo.
Por outra parte, os cidadáns poderán obter toda a información que necesiten a través da web, dispositivos móbiles, Apps e paneis informativos, medidas que contribuirán a aumentar a calidade do servizo ofrecido ao pasaxeiro.