Monbus, cos celtiñas á Copa do Rei
O partido de volta das semifinais da Copa Do Rei 2016/2017 entre o Deportivo Alavés e o Real Clube Celta de Vigo no Estadio Mendizorroza, supuso para Monbus a organización dunha operativa especial de 13 autobuses que trasladaron ata Vitoria a unhas 650 persoas, entre afeccionados e peñistas do Celta de Vigo.
Nesta viaxe, os celtistas puideron disfrutar dun cómodo traslado a bordo de modernos autobuses da frota de Monbus na súa gran maioría modelo Mercedes - Benz Tourismo equipados cos últimos avances en seguridade e confort: cinturóns de seguridade, butacas Confort Plus, enchufes de corrente e conexión USB en cada asento, servizo Wi-Fi gratuito con alto caudal de datos, iluminación LED individual e aseos WC, entre outros, unido a uns viaxeiros exultantes ante tal evento deportivo, creando un ambiente festivo facendo do traxecto unha viaxe realmente pracenteira.