Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro rexorde con forza

O Rio Natura Monbus Obradoiro volta a respirar tras sete derrotas consecutivas na Liga Endesa. O equipo compostelano logrou unha merecida vitoria no Multiusos Fontes do Sar contra o ICL Manresa, mantendo sempre unha atitude dominante e ampliando a diferenza no marcador durante os minutos finais do partido, para irse a casa cun resultado de (89 - 75).

Dende o comezo os de Moncho Fernández saíron enchufados, rozando un primeiro cuarto de ensoño, con apenas erros en ataque cun letal acerto de cara ao aro. Os tres xogadores de Europa Oriental, DulkysBendzius e Pustovyi sumaron 22 dos 29 puntos desos primeiros dez minutos.

No segundo cuarto, os visitantes apertaron aproximándose a tan so 3 puntos (38-37, min 17). aproveitándose do baixón defensivo local. Pouco durou e o Obra reaccionou cunha auténtica exhibición de basket realizando un parcial de (11 - 0) para irse ao descanso con (49-37).

O terceiro cuarto comezou cunha volta de torca do Manresa, os cataláns saíron inspirados tralo descanso realizando un parcial de (8 - 0) que borraba por momentos o bo peche que fixera o Obra na primeira parte. Moncho viuse obrigado a solicitar tempo morto para recompor a orde e a disciplina de xogo. Unha vez máis, tocados pola varita máxica do Alquimista de Pontepedriña reaccionaron os seus xogadores despegándose (61-52, min.28). Os de Manresa, sen afrouxar, insistiron ata practicamente igualar o encontro, cousa que non chegou a suceder ao errar Lluis Costa a tripla deixando o terceiro cuarto en (62 - 59).

No definitivo cuarto, os galegos sentenciaron cun parcial (9 - 0) de saída, pagando moi cara a súa baixada de intensidade o equipo visitante. Grazas ao bo xogo despregado por Dulkys e Whittington o encontro quedou sentenciado co resultado final de (89 - 75).