Monbus suma outra distinción ambiental
Unha nova distinción de calidade para Monbus pon de manifesto o profundo compromiso ca empresa mantén pola protección do Medio Ambiente. Esta vez o recoñecemento chega da man da Líña 88 do Port de Barcelona ao recibir o Distintivo de Garantía de Calidade Ambiental que outorga a Dirección Xeral de Calidade Ambiental do Departamento de Territorio e Sustentabilidade da Generalitat de Catalunya.
Este distintivo é outorgado aos servizos de transporte que superan determinados requerimentos de calidade ambiental más aló dos estabrecidos como obrigatorios pola normativa vixente.
Dito certificado éun sistema de etiquetado ecolóxico creado mediante o Decreto 316/1994, de 4 de novembro, da Generalitat de Catalunya. Dentro dos seus obxetivos atopase a análise de 6 factores clave: xestión, mantemento e renovación de frota, conducción eficiente, reducidas emisións dos vehículos e outras accións de compromiso ambiental.
A política interna de Monbus e o mantemento das súas actuais certificacións de calidade (ISO 9001, UNE-EN 13816, UNE 93200), Medio Ambiente (ISO 14001, ISO 14064-1, ISO 50001) e seguridade (ISO 39001, OHSAS 18001 e a norma CSEAA en proceso de renovación) consolida a relevancia destes tres piares estratéxicos da compañía e o seu reflexo no servizo ofrecido nas principais liñas de negocio: servizo de liña regular, servizo discrecional e servizo de renting de vehículos.