O Obradoiro volta ao Fontes do Sar
Un madrugador Rio Natura Monbus Obradoiro empezou os adestramentos de pretempada nas Fontes do Sar, sendo o primeiro equipo da ACB que empeza o traballo antes do comezo da Liga Endesa.
Esta primeira xornada de adestramento contou con 8 dos 12 xogadores do equipo cas ausencias de Santi Yusta, Artem Pustovyi, Shayne Whittington e Mickey McConnell.
Baixo as ordes do adestrador Moncho Fernández e o resto do corpo técnico, o equipo completou unha sesión que supón a volta ao traballo a menos de dúas semanas das citas claves da pretempada: o 1 de septembro mediránse contra o Divina Seguros Joventut no Memorial Quino Salvo (Vigo). Ademais, xogará o R3 International Basketball Tournament en Leicester (Reino Unido) do 9 ao 11 de setembro contra o Leicester Raiders e o Crelan Okapi Aalstar. Do mesmo xeito, participará no I Torneo Internacional de Arequipa (Perú) do 16 ao 18 de setembro, onde xogará contra o Sky Flamengo, o Bahía Basket e un combinado peruano, e xa por último, o 25 de setembro o Obradoiro xogará a final da Copa Galicia en Noia.
Acabará deste xeito unha intensa etapa que dará paso ao inicio da tempada 2016/17 da Liga Endesa o 1 e 2 de outubro, cun partido na casa contra o Laboral Kutxa Baskonia.
Forza Obra! #adalotodo