PREGUNTAS FRECUENTES : Xestión de billetes: cancelacións e modificacións
Preguntas
- É posible imprimir, anular ou realizar modificacións a través da web sobre o meu billete, aínda que o adquirira no despacho de billetes?
Si, para realizar modificacións sobre os billetes que mercaras, tanto na web coma no despacho de billetes, deberás ir ao apartado "Xestiona a túa Reserva" da páxina de inicio da web e introducir os seguintes datos:
- Código de reserva ("cod. reserva") que se amosa durante o proceso de compra na páxina web (ver imaxe 1) ou ben no teu billete impreso adquirido no despacho de billetes (ver imaxe 2)
- O email que proporcionaches durante o proceso de compra na web ou ben o código de acceso ("cod. acceso") cando se trate de billetes mercados no despacho (ver imaxe 2)
Se tes dúbidas sobre como xestionar a túa reserva, accede á axuda paso a paso e guiarémoste durante todo o proceso.
Poderás realizar como máximo tres modificacións, que poden conter cambios sobre a data e hora da expedición, así coma cambios de praza numerada (en caso de que se trate dun servizo no que estea habilitada esta opción). Tamén poderás imprimir os teus billetes tantas veces coma queiras. Non obstante, para anular algún billete adquirido no despacho de billetes será obrigatorio acudir a calquera dos nosos puntos de venda autorizados.
En calquera caso, sempre poderás facturar equipaxe ou exceso de equipaxe a través do módulo "Xestiona a túa Reserva" naqueles servizos nos que estea habilitada esta opción. - Cantas veces podo modificar un billete?
Tes dereito a modificar o billete gratuitamente en tres ocasións, sempre que solicites a modificación con máis de dúas horas de antelación sobre a hora de saída do servizo. Unha vez realizada a primeira modificación perderás o dereito á anulación do billete, mantendo unicamente o dereito a modificalo noutras dúas ocasións. Así mesmo, a posibilidade de efectuar modificacións dos billetes caduca aos tres meses da súa adquisición.
As únicas modificacións permitidas serán: data e hora da expedición, así coma a praza (no caso de que se trate dun servizo no que se poida elexir praza).
Non poderás efectuar modificacións dos billetes ou bonos con tarifa especial (promocións e descontos especiais). - Podo modificar a orixe ou o destino no meu billete?
Non, a orixe e o destino nunca se poden modificar unha vez mercado o billete. Neste caso deberías anular o billete e adquirir un novo para a orixe e destino que desexes, tendo en conta as penalizacións que se aplican para as anulacións.
- Como se computan os gastos de anulación do billete?
Os gastos de anulación do billete varían dependendo da data de compra e a proximidade á data de saída:
- As anulacións que se realicen entre a data de venda e 48 horas inmediatamente anteriores á saída do servizo terán unha penalización do 10% do importe total do billete.
- As anulacións realizadas entre as 48 horas anteriores á saída e 2 horas inmediatamente anteriores á saída do servizo terán unha penalización do 20% do importe total do billete.
- Non será posible realizar anulacións no momento no que se supere a barreira das 2 horas anteriores á saída. Nese caso perderíase o 100% do importe.