Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

PREGUNTAS FRECUENTES : Ofertas e descontos

Cal é a túa pregunta?

Preguntas

  • Que descontos hai dispoñibles en Monbus?

    Os descontos que se aplican nos servizos de transporte das diferentes empresas adheridas a Monbus son moi variables en función de:

    • A concesión administrativa que determina as condicións do servizo.
    • A pertenza a determinados colectivos (estudantes, xubilados, familia numerosa, traballadores dunha empresa concreta, etc.)
    • Promocións ou ofertas especiais.

    En xeral podemos clasificar os descontos dispoñibles en dous grandes tipos:

    1 - Descontos sobre o prezo do billete - varían dependendo da concesión administrativa que regula un servizo de transporte concreto en cada caso. En todos os casos é posible consultar os descontos que se aplican durante o proceso de compra de billetes / consulta de horarios nesta mesma web. En xeral aplícanse descontos sobre o prezo do billete nos seguintes casos:

    • Descontos para colectivos (Carné Xove, Familia numerosa, Xubilados, etc.)
    • Nos billetes de ida e volta (aplicando un % de desconto sobre o billete de volta).  

     

    2 - Bonos de transporte - Se realizas con frecuencia un traxecto concreto podes obter descontos pola compra anticipada dun número determinado de viaxes, ou durante un período de tempo concreto. Os bonos de transporte poden ser á súa vez:  
     

    • Bonos Sinxelos - Podes conseguir descontos ao mercar de xeito anticipado un número determinado de viaxes (Bono 20, Bono 30, Bono 40 etc). Como norma xeral, cantos máis viaxes teña o bono, maiores serán os descontos na compra do mesmo. Actualmente só se expiden bonos sinxelos para as Rutas Rexionais Galicia (nunca en tramos metropolitanos e urbanos de Galicia xa que estes bonos están regulados polo TMG) e as rutas rexionais de Castela A Mancha. Este tipo de bonos non son nominativos, non obstante, non se permite o seu emprego en máis dunha ocasión na mesma viaxe. Actualmente, o único xeito de mercar un bono sinxelo é acudindo ao despacho de billetes máis próximo, onde serás informado dos tipos dispoñibles para ese traxecto.
       
    • Bonos Especiais - Son bonos destinados a persoas pertencentes a diferentes colectivos (estudantes, traballadores dunha empresa concreta, persoal médico sanitario, etc) e soen ser negociados por empresas públicas ou privadas que desexan concertar un desconto nos  traslados dos seus empregados / alumnos aos respectivos centros de estudo / traballo. Este tipo de bonos son sempre nominativos, isto é, persoais e intransferibles. Para poder adquirilos é preciso presentar unha serie de documentación que acredite a pertenza a estes colectivos. Podes solicitar máis información enviando un email a bonos@monbus.es ou chamando ao 982 29 29 00.
    • que-descontos-hai-disponibles-en-monbus

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Os descontos son acumulables?

    Os descontos non son acumulables entre sí, agás os explicitamente contemplados pola lexislación vixente ou que así se indique por parte da empresa -podes consultalo no proceso de compra ou no despacho de billetes-. En concreto, o desconto por familia numerosa será acumulable co resto de descontos.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Podo mercar un billete de ida e volta con diferente tarifa para o traxecto de ida que para a volta?

    Si, para iso debes realizar o proceso de compra en dous pasos, pechando a compra de cada traxecto de forma independente. Se o sistema de selección de praza non permite elixir unha praza con maior desconto nun dos traxectos é debido a que non hai prazas dispoñibles para esa tarifa seleccionada.

    • ¡ReVibaixas! Merca a tempo e ¡Viaxa ao 50%!
    • Selección de asentos no proceso de compra.

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Como podo comprobar os diferentes descontos para unha expedición na páxina web?

    Tras seleccionar o teu traxecto (Orixe - Destino) na data que prefiras, pulsa o botón "Mercar / Ver Horarios" e a continuación, xa no apartado "Selecciona o teu horario", fai clic no botón "Prezo".

    Ao clicar sobre este botón ábrese unha pestana con información na que podes comprobar todos os descontos aplicables á túa expedición, incluídos os de ReVibajas se estivesen dispoñibles:

    - Especial "ReVibajas" 50% 
    - Especial "ReVibajas" 40% 
    - Especial "ReVibajas" 30% 
    - Especial "ReVibajas" 20% 
    - Especial "ReVibajas" 10%

    • que-descontos-hai-disponibles-en-monbus
    • que-descontos-hai-disponibles-en-monbus

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.
  • Unha vez adquirido o billete con desconto, ¿é posible que se produza un cambio na praza seleccionada á hora de efectuar o traxecto?

    Si, a empresa transportista resérvase o dereito a modificar a capacidade do vehículo que finalmente preste o servizo, actuación que podería implicar nalgún caso que fose necesaria a reubicación das prazas seleccionadas polos usuarios, se ben en todo momento se respetarán as tarifas contratadas por cada un deles. 

    Foiche de utilidade esta resposta?

    Si Non
    Se a resposta á túa pregunta non foi satisfactoria podes facilitarnos algún dato de contacto e estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.