Camiño Primitivo (Lugo) - Camiño de Santiago
O Camiño Primitivo é unha ruta das máis antigas e tradicionais, considerándose a primeira ruta de peregrinación a Santiago. No ao 814 descubríronse os restos do Apóstolo Santiago e foi enton cando o rei Alfonso II viaxou desde Oviedo ata Santiago de Compostela a rendir homenaxe ao santo.
Tomouse de referencia a ruta que seguiu o rei e que a súa vez seguía o camiño que marcaba a antiga Vía Romana que unía Asturias con Galicia. Durante a Idade Media este itinerario gañou relevancia, aínda que pouco a pouco o Camiño Francés foi cobrando protagonismo.
Igualmente segue sendo unha das opcións máis populares, tanto pola súa historia e relevancia coma pola súa beleza, xa que percorre paisaxes montañosos, bosques e pobos con moito encanto e interés. A ruta comeza en Oviedo para percorrer uns 320 quilómetros ata Santiago de Compostela.
En 1993 este e máis camiños foron declarados Patrimonio da Humanidade, reconoñecendo así a súa importancia histórica e cultural. Sen dúdbida, escoller este itinerario axudará a conectar coó espíritu do camiño e todo o que o orixinou.
Sitios máis top
O Camiño Primitivo pasa por lugares emblemáticos e que non pasarán desapercibidos durante a túa experiencia. Aquí deixámosche a nosa selección:
- Oviedo: a catedral de San Salvador é o pistoletazo de saída
- Monasterio de Santa María La Real: En Obona visitarás esta increíble obra, chea de historia e arte
- Tineo: unha vila en medio dunha ladeira rechea de rincóns espectaculares para perderse
- Pola de Allande: vila na montaña con moita historia por coñecer
- Fonsagrada: rodeada de río e montaña e onde desfrutar do sabor tradicional de Galicia
- Lugo: capital de provincia cunha preciosa catedral e custodiada por unha muralla milenaria