Entroido de Xinzo de Limia (Ourense)
Festa de Interese Turístico Internacional, entroido máis longo de España, integrante do famoso Triángulo do Entroido de Galicia… así é o Entroido de Xinzo.
Todo comeza tres semanas antes de entroido co Sábado do Petardazo, Domingo Falereiro, Sábado Colgamento do Meco, Domingo Oleiro, Sábado de Mulleres, Domingo Corredoiro, Venres, Sábado, Domingo e Luns de Entroido, Martes Gran Desfile, Mércores Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata.
Durante todos estes días, as rúas énchense de xente disposta a gozar de verbenas, pasacalles, charangas e gastronomía típica que fai as delicias de calquera padal.
Famoso ademais polos seus característicos personaxes, absolutos protagonistas deste entroido, as Pantallas, que encabezan o desfile de carrozas e comparsas percorren as rúas golpeando dúas vejigas de animais, secas e inchadas como globos coas que “asustan” aos asistentes ao evento
Monbus achégache a esta gran celebración, aproveita e compra o teu billete en monbus.es para viaxar a Xinzo desde localidades como Ourense, Verín e Barcelona, entre outros.