Camiño do Norte (Irún) - Camiño de Santiago
O Camiño do Norte está profundamente ligado ao mar Cantábrico e une Compostela con importantes localidades españolas coma San Sebastián, Bilbao, Santander e Xixón. Aínda que tecnicamente O Camiño do Norte sae da Ponte de Santiago en Hendaya (lugar fronteirizo con Francia), é en Irún onde tradicionalmente da comezo para moitos peregrinos. Tamén coñecido coma Camiño Cantábrico ou Camiño Alto, o Camiño do Norte considérase unha prolongación do Camiño de Soulac ou do Litoral Aquitano en Francia, que atravesa a Costa da Prata ata conectar con Irún.
En Asturias, o Camiño do Norte divídese en dúas rutas distintas. Os peregrinos poden elexir entre continuar cara a Oviedo para incorporarse ao Camiño Primitivo, que supón a ruta máis antiga de todas, mesmo máis que o Camiño Francés, ou seguir pola costa ata Ribadeo para abandonar o litoral e continuar polas localidades galegas coma Mondoñedo, Vilalba ou Sobrado dos Monxes. Ambos os dous itinerarios volven a xuntarse no concello de Arzúa (A Coruña).
O Camiño do Norte realízase dende Irún ao largo de 800 km. que se dividen tradicionalmente en 32 etapas (a pé) nas que poderás gozar das máis belas paraxes naturais montañosas e marítimas e da hospitalidade das súas xentes. Trátase dun percorrido longo, polo que moitos optan por facer o traxecto na bicicleta. Se este é o teu caso e desexas regresar á casa con Monbus lembra que deberás indicar durante o proceso de compra dos teus billetes, o transporte de bicicletas para a facturación coma equipaxe especial, xa que, por cuestións de espazo no maleteiro dos autobuses, dispoñemos de prazas limitadas.
Non todos os peregrinos se conforman con rematar o Camiño na capital galega. Algúns aínda conservan enerxías para continuar uns 90 km máis ata o Cabo Fisterra, que representaba a Fin da Terra (Finis Terrae) para o Imperio Romano, ou ata Muxía. Se estás disposto a facer este percorrido e conseguir a Fisterrana informámoste que Monbus conta con autobuses que unen Fisterra con Compostela. Tamén podes viaxar con Monbus dende Compostela cara a Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ourense e a moitas máis localidades de Galicia.
Como chegar a Irún
Consulta todas as nosas conexións de autobús con Irún dende Barcelona, Lleida, Salou ou Tarragona entre outras.
Como regresar dende Compostela
Para a volta a casa, Monbus ofrece servizos de transporte en autobús entre Vigo e as principais cidades do norte peninsular coma Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Pamplona e Irún entre outros moitos destinos, para que regreses do xeito máis seguro, cómodo e económico.