SANTIAGO – OURENSE - Ofertas de autobús
Viaxa en autobús entre Santiago de Compostela e Ourense con Monbus a prezos incribles. O teu billete sinxelo a 9,25€ e a 4,16€ coa Tarxeta Metropolitana de Galicia. Ademais, cós Bonos Monbus desfrutarás de ata un 75% de desconto frente ao prezo normal e se tes a Tarxeta Xente Nova poderás viaxar de balde entre as dúas cidades.
Se queres coñecer Ourense, Monbus poncho doado. Recorre as rúas do seu casco antigo onde se atopa un dos edificios máis significativos da cidade, o Pazo do Bispo. Declarado Monumento Histórico Artístico, no seu interior atópase o museo arqueolóxico de Ourense.
Ourense conta ademais con fontes de augas termais ao aire libre moi próximas ó casco histórico, que dan nome á Cidade das Burgas e convértena nun destino diferente e atractivo.
Lembra que tamén podes realizar o traxecto en sentido oposto (Ourense - Santiago), ou viaxar a Ourense dende outras cidades como Barcelona, Burgos, Bilbao, Pamplona ou Vigo entre outras. Se o prefires podes consultar información sobre o noso servizo discrecional nesta mesma web ou alugar un coche e organizar a viaxe como ti queiras.