MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Resumo

O Obradoiro agárrase á Liga Endesa.

O Rio Natura Monbus Obradoiro da un paso de xigante na súa loita pola permanencia cunha importante vitoria (93 - 89) fronte ao Dominion Bilbao Basket. O encontro viviuse de forma dramática tras igualalo Bilbao os 77 puntos do equipo local forzando a prórroga no Fontes do Sar.

A trixésimo primeira xornada da Liga Endesa contou ca reaparición do ala grego Kostas Vasileiaidis, recibido cunha grande ovación por parte da afición obradoirista tras 6 anos sen vestila camiseta do equipo compostelá.

O partido empezou con dous triples que deron vantaxe ao conxunto vasco, pero resultou ser un espellismo. Os de Moncho Fernández impuxeron o seu dominio durante a primeira metade elevándose no marcador por contundentes bafaradas anotadoras. A boa actuación coral do Obradoiro abriu unha fenda importante no marcador, o cal provocou certa relaxación por parte do equipo local durante a segunda metade. Con garra e forza de vontade o Obra mantivo o tipo ante un Dominion ousado que á falta duns segundos igualou o partido, a prórroga estaba servida. Xurdiu daquela a figura heroica de Eimantas Bendzius, que asumiu a responsabilidade do equipo anotando 10 puntos que acabaron cas esperanzas do Bilbao Basket.

Esta importante vitoria mantén ao Rio Natura Monbus na zona de salvación, a falta de tres xornadas para a finalización da Liga Endesa.

¡Forza Obra!

Multiusos Fontes de Sar