Os alumnos do Colexio Galén visitan Monbus
Os alumnos de infantil do Centro Educativo Galén de Lugo realizaron unha visita ás instalacións da empresa de transportes Monbus. Un autobús de servizo discrecional recolleunos no colexio para levalos ata as instalacións no Polígono de A Louzaneta.
Nada máis chegar, foron recibidos polo Presidente de Monbus, Raúl López, quen os invitou á Sala de Xuntas para ofrecerlles un aperetivo e falarlles da importancia do uso do transporte público para, a continuación, responder a tódalas súas preguntas.
Unha vez visitado o complexo de oficinas, os pequenos recibiron acreditacións individuais para poder acceder ao taller. Unha vez alí, recibiron explicacións sobre as diferentes actividades alí realizadas, podendo subirse nos modernos autobuses de recente adquisición, os Setra modelo ComfortClass 519HD.
Grazas aos profesionais da empresa, os alumnos puideron coñecer de primeira man os avances e melloras tecnolóxicas cas que veñen equipados especialmente en materia de seguridade: asistente de freada de emerxencia, asistente de carril, sistema de deteción de cansanzo do conductor, cintos de seguridade de tres puntos e anclaxes isofix.
Os nenos de Galén tamén recibiron unhas primeiras nocións acerca da importancia do respeto medioambiental e da sustentabilidade, describindo algúns dos compoñentes dos autobuses modernos en esta materia, como os motores Euro VI ou a tecnoloxía BlueTec e tempomat PPC que permiten optimizalo consumo de combustible e reducilas emisións de gases nocivos ao ambiente.
Por último, os xoves visitantes puideron comprobala comodidade dos autobuses modernos grazas ás súas butacas reclinables con desprazamento lateral, iluminación LED, neveira, aseos WC, enchufes de corriente e USB, conexión Wi-Fi gratuita…
Como colofón á visita, tamén tiveron ocasión de velos dous autobuses clásicos, un dos anos 20 e un Mercedes dos anos50.
Polo tanto, grazas a esta actividade extraescolar os nenos e nenas do Colexio Galén puideron facer unha primeira aproximación á operativa diaria levada a cabo nos talleres dunha empresa de transporte de viaxeiros e poder así amplialos seus coñecemento dunha forma amena e divertida.