Monbus renova patrocinio co Obradoiro
Monbus seguirá un ano máis patrocinando ao Obradoiro, como vén facendo dende a tempada 2010/2011.
O acto de presentación da renovación dos 5 principais patrocinadores do Rio Natura Monbus Obradoiro tivo lugar en Santiago de Compostela e contou coa asistencia, entre outros, de Raúl López, Presidente do Clube e de Monbus, José Luis Mateo, Director Xeral do Clube, Moncho Fernández, en representación do corpo técnico , así como dos xogadores Juanjo Triguero, Jesús Chagoyen, Angelo Caloiaro y Adam Waczynski, representando ao cadro de persoal.
Por outro lado, o resto de patrocinadores principais: Rio Natura, Cenor Electrodomésticos, Estrella Galicia e Abanca confirman tamén a renovación dos seus respectivos vínculos ca entidade santiaguesa.
Polo tanto, Monbus ten 365 días por diante para continuar mostrando o seu apoio ao #camiñodailusion; esta vez a espera da victoria no seu próximo encontro contra o CAI Zaragoza.