MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

Resumo

O Obradoiro, gran vitoria fronte ao Manresa

O Rio Natura Monbus Obradoiro acaba co seu meigallo cunha merecida vitoria (64-81) fronte ao ICL Manresa no partido correspondente á vixésima segunda xornada da Liga Endesa tras gañar  como visitantes no Nou Congost. Os locais estiveron atascados e a remolque durante os dous primeiros cuartos, tan solo anotaron 23 puntos fronte aos 43 do Monbus Obradoiro; cando Ibon Navarro pediu tempo morto para tentar refacerse, os galegos liderados por Angelo Caloiarao e Santiago Yusta xa dominaban o partido.

O ala-pívot estadounidense e o ala español batiron os seus propios récords de anotación, facendo que o equipo galego se encamiñase velozmente cara a vitoria sen dar tregua aos cataláns.

Especial mención a un dominante Angelo Caloiarao, o máis destacado do encontro, cunhas estatísticas do 90% en tiro de dous, 100% en tiro libre e unha valoración de 26.

Os de Moncho Fernández foron claramente superiores tanto en ataque coma en defensa. En palabras do adestrador: "Non quixera destacar só un aspecto da defensa, o traballo do rebote foi tan bo como a defensa á homes importantes para eles coma Grigonis ou Musli".

O Obradoiro bordouno cunha vitoria xogando a domicilio e leva tamén un dobre premio, ao gañar o basket average nos seus duelos propios co equipo manresano.

Continúa #ocamiñodailusion de toda a afición. A próxima semana xogará en Fontes do Sar contra o Montakit Fuenlabrada.  #VaiObra!