Obradoiro - Baskonia Copa do Rei 2016
Onte empezou a fase final da Copa do Rei 2016. O Rio Natura Monbus Obradoiro enfrentouse no Torneo do K.O, o último partido dos cuartos de final, ao Laboral Kutxa Baskonia .
Os galegos xogaron como anfitrións do Campeonato contra os vascos , un dos grandes favoritos do cadro final.
Os de Velimir Perasovic, cun Adam Hanga pletórico, empezaron creando unha fenda no marcador. Pero os galegos non se renderon, partindo da defensa e da anotación de McGrath puxeron ao Rio Natura Monbus Obradoiro con vantaxe faltando pouco máis de dous minutos para a fin do encontro.
O Coliseum da Coruña, enfrentou a estes dous colosos pelexando desta vez pola Copa do Rei de Baloncesto 2016.
“ Vai ser un partido diferente, a ilusión é a nosa principal arma e aceptamolo envite” dixo José Luis Mateo, Director Xeral do Clube.
En palabras do Presidente do Rio Natura Monbus, Raúl López: “Na Copa do Rey, Santiago, A Coruña e Galicia serán unha frente ao Baskonia”.
O Obradoiro pelexou ata o final pola #Copadoiro nunha final de infarto na que Adam Waczynski, unha das grandes figuras da competición, fallou un tiro libre decisivo.
Os de Moncho Fernández xogaron na casa arroupados por toda a afición galega, quedando no recordo esta segunda xornada da competición que marcou historia co miudiño soando nos chanzos do Coliseum. Non se puido gañar, mais a ilusión de ter xogado e remontando con esperanzas de vitoria ata o final é dabondo para os #Obradoiristas. ¡VaiObra!