O Obradoiro prepárase para a Copa do Rei
A Copa do Rei Baloncesto 2016 xa está aquí; os clubes deportivos esgotaron todos os abonos en venda debido á magnífica acollida do público deste evento deportivo, un dos máis importantes a nivel nacional.
Río Natura Monbus Obradoiro, o anfitrión do evento, enfrentarase ao Laboral Kutxa Baskonia, xogando por primeira vez na súa historia a fase final da Copa do Rei.
O Coliseum da Coruña, sede oficial da Copa ACB 2016, acollerá as seguintes fases entre o 18 e o 21 de febreiro:
As primeiras Eliminatorias serán o xoves 18 e o venres 19, as Semifinais o sábado 20 e a gran Final o domingo 21 de febreiro.
Quedan os Cadros de Copa definidos da seguinte forma:
Xoves 18 de febreiro:
. Eliminatoria A:
FC Barcelona Lassa - Dominion Bilbao Basket.
. Eliminatoria D:
Valencia Basket Club - Herbalife Gran Canaria.
Venres 19 de febreiro:
. Eliminatoria B:
Real Madrid - Montakit Fuenlabrada
. Eliminatoria C:
Rio Natura Monbus Obradoiro - Laboral Kutxa Baskonia
Sábado 20 de febreiro:
. Semifinal 1:
Gañador da Eliminatoria A - Gañador Eliminatoria D
. Semifinal 2:
Gañador Eliminatoria C - Gañador Eliminatoria B
Domingo 21 de febreiro:
. Final da Copa do Rei Baloncesto:
Gañador da Semifinal 1 - Gañador da Semifinal 2.
Polo tanto, o Obradoiro competirá pola #Copadoiro o próximo venres 19 de febreiro, seguindo #ocamiñodailusion da afección galega.