O Río Natura Monbus consegue unha vitoria histórica ante a súa afección fronte ao Barça
O Obradoiro, que a tempada anterior conseguira gañar por primeira vez na súa historia ao Barcelona no Palau Blaugrana, consegue un novo histórico, ao dobregar ao Barcelona no Multiusos Fontes do Sar.
Cabe destacar a actuación de Oriol Junyent que se botou o equipo ás costas e callou unha soberbia actuación (11 puntos, 8 rebotes e 16 de valoración), a de Rafa Luz, moi acertado na dirección do xogo e a de Alberto Corbacho cas súas canastras dende a liña de 3 puntos. Foi precisamente un destes triplos o que afogou ao equipo visitante, ao obter unha renda de catorce puntos (60-64). O Río Natura Monbus mantívose firme ata o final do encontro e culminou a vitoria con autoridade. Grazas a unha gran defensa, e con tan só 9 perdas, cimentouse a vitoria local, que puido, finalmente, brindar á afección un importante triunfo (77-60), e romper coa mala sorte na que estaba mergullado o coletivo de Moncho Fernández na presente tempada.
Sen dúbida, unha das vitorias que quedarán gravadas na retina da afección obradoirista e pasarán á historia do Obradoiro CAB SAD.