O Real Madrid Baloncesto de novo con Monbus
Monbus repite experiencia realizando o servizo de transporte do Real Madrid Baloncesto en Cataluña.
Desta vez, o traslado será a Manresa, onde o equipo branco se enfrentará ao ICL Manresa na xornada 18 da Liga Endesa.
Os de Jaume Ponssarnau mediranse no Nou Congost de Manresa, ante un Real Madrid que leva un impresionante récord de once vitorias consecutivas.
Un dos grandes protagonistas do choque será o base madridista Sergio Llull, que regresa ao equipo no que se formou e co que debutou na Liga, na temporada 2005/06.
Unha vez máis, os madrileños depositaron a súa confianza no servizo discrecional de Monbus que, a través da súa renovada frota, é garantía de seguridade e confort.