O Obradoiro encoméndase ao Apóstolo
Como ven sendo tradición, o Río Natura Monbus Obradoiro realizou unha ofrenda ao Apóstolo de Santiago de Compostela para encomendarse e pedir protección na competición da Copa do Rei.
Segundo Pérez, o Deán da Catedral, foi o encargado de conducir o acto litúrxico, no que sinalou que a Catedral de Santiago se sente magníficamente representada polo equipo Río Natura Monbus Obradoiro, bendicindo o traballo e o esforzo de todos.
Raúl López, presidente do Consello de Administración do Obradoiro e de Monbus, dedicou unhas emotivas palabras ao Apóstolo, destacando o privilexio que supón ser embaixadores da terra que leva o seu nome, e entregou ao Deán unha camiseta co número 44, firmada por todos os membros do equipo.
O acto continuou co histórico lanzamento do Botafumeiro, especialmente sorprendente para os xogadores estranxeiros como Waczynski ou McGrath.
Finalmente, como manda a tradición, todos os presentes abrazaron a figura do Apóstolo e cubrírono coa nova bufanda oficial do equipo para a Copa de Ouro.