Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Río Natura Monbus comeza o ano cunha vitoria.

O Multiusos Fontes do Sar volve a ser o fortín dun Obradoiro que viña de sufrir cinco derrotas consecutivas e que, no entanto, estreou con bo pé o novo ano, conseguindo unha vitoria épica na prórroga, fronte a un Morabanc Andorra que en ningún momento se amedrentou polo ambiente do Sar. Ademais, o Río Natura Monbus Obradoiro bateu o seu récord de triples nun partido, xa que de 34 intentos anotou 20 triples, o que supón un 59% de acertos, superando de este modo o seu propio récord e igualando o absoluto da Liga Endesa.

Os de Moncho Fernández saíron a gañar desde o primeiro cuarto, a pesar de que Vojdan Stojanovski tratase de frear os embates dos locais,  liderados pola figura de Adam Waczynski, que puxo á afección en pé en moitos momentos do partido, con canastras que a posteriori serían determinantes no resultado final.

Porén, o equipo andorrano, da man de Stojanovski e Shermadini, deu a volta ao marcador no terceiro tempo (80-83).

En palabras de Moncho Fernández: “No último cuarto, cando nos puxeron defensa en zona, creo que nos pesaron esas cinco derrotas consecutivas. Fomos capaces de xerar esas vantaxes, o que non fomos capaces foi de anotalas

Tras unha vibrante prórroga  (88-88),  Waczynski conseguiu a canastra que certificaría o triunfo dos locais, nun partido non apto para cardíacos (104-103) que tivo en pé aos Obradoiristas das bancadas, máis unidos ca nunca en #ocamiñodailusion.