O Real Madrid vence ao Obradoiro
A duodécima xornada da Liga Endesa trouxo a segunda derrota en casa aos de Moncho Fernández.
O Real Madrid saiu concienciado e agresivo, facendo dano nun primeiro cuarto que, finalmente, sería decisivo. Moncho Fernández xa o tiña vaticinado na previa: “A loita residirá en non xogar ao ritmo que eles queiran”.
Os brancos impuxeron o seu ritmo, sendo Gustavo Ayón unha peza clave no xogo de pases e anotacións desde a esquina.
O corpo técnico do Río Natura Monbus Obradoiro, que cumpriu 150 partidos na Liga Endesa, cambiou de estratexia.
O Obradoiro, que non se rendía, despertou no segundo cuarto plantando cara a un Madrid moi poderoso, sendo Tyler Haws o encargado de dirixir o inicio dunha remontada que permitiu chegar ao descanso con opcións ( 35 -41).
Os 6.000 espectadores das bancadas do Multiusos Fontes do Sar, entre os que se encontraban os colectivos CB Dorna, CB Vilagarcía, CB Noia, O Meco e A Mariña gozando do partido desde a Zona Monbus, respiraban un ambiente de duras críticas fronte ao baloncesto agresivo dos merengues que se aferraban en manter a vantaxe a calquera prezo, marcando o ritmo e o resultado final do partido (63-79) en base a defensa, rebote e encontrar os tiros.
Como Tyler Haws recoñeceu, no término do encontro, a través do seu perfil en Twitter: “Son un gran equipo que che fai pagar cada fallo”.
#ocamiñodailusion non se rende, esperando remontar na seguinte xornada da Liga Endesa contra o Unicaja no Pazo dos Deportes de Murcia.