Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus comeza o ano con novas ReVibajas

Ano novo, ReVibajas novas... Tralo rotundo éxito e acollida de períodos anteriores, Monbus, a través de Vibasa, inaugura unha nova tempada de prezos especiais, de xeito que os usuarios que decidan viaxar entre o 11 de xaneiro e o 18 de marzo poderán beneficiarse desde hoxe mesmo de descontos de ata o 50% por debaixo da tarifa normal, coa compra anticipada de billetes a través da páxina web www.monbus.es.

Así, as conexións entre determinadas comunidades autónomas do norte da Península, tales como o País Vasco - Navarra - Cataluña e Castela e León - Aragón - Cataluña, formarán parte desta promoción, que ofrece descontos superiores canto maior sexa a previsión de compra con respecto á data de saída da viaxe, soamente nos billetes de ida e sen posibilidade de desconto adicional, modificación ou cancelación, existindo ademais unha limitación no número de prazas ofertadas.

Entre os cerca de 3.000 usuarios que disfrutaron desta promoción durante o ano 2015, as rutas ofertadas máis relevantes foron:

- San Sebastián - Barcelona: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (dende 16,30€)

- Barcelona - Pamplona: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (dende 13,70€)

- Salamanca - Barcelona: Lu-Ma-Mé-Xo-Ve-Sá-Do (dende 30,40€)

- Barcelona - Soria:Lu-Ma-Mé-Xo-Ve-Sá-Do (dende 18,15€)

- Aranda de Duero - Barcelona: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (dende 22,60€)

- Salamanca - Zaragoza: Lu-Ma-Mé-Xo-Ve-Sá-Do (dende 19,05€)

- Barcelona - Irún: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (dende 16,45€)

- Soria - Salamanca: Lu-Ma-Mé-Xo-Ve-Sá-Do (dende 12,25€)

- Barcelona - Tudela: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (dende 10,75€)

- Barcelona - Andoain: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (dende 15,60€)

- Aranda de Duero - Salamanca: Lu-Ma-Mé-Xo-Ve-Sá-Do (dende 7,80€)

- Tolosa - Barcelona: Lu-Ma-Mé-Xo-Sá (desde 15,25€)

Como é habitual, os viaxeiros poderán gozar destes servizos a bordo dos autocares da moderna frota de Monbus, equipados coa última tecnoloxía en canto a seguridade e confort: asentos Confort Plus, aseos WC, Wi-Fi gratis e enchufes individuais son algúns dos elementos que incorporan estes autobuses.

Do mesmo xeito, Monbus completa a súa oferta ofrecendo o seu servizo de liñas regulares, así como o seu servizo de alugueiro de vehículos con conductor e sen conductor.

Consulta todas as condicións das ReVibajas.