Río Natura Monbus, galardoado por AGAXEDE coma a mellor entidade deportiva de Galiza 2013
Tras completar a mellor tempada da súa historia, o Obradoiro foi galardoado co Premio á Mellor Entidade Deportiva Privada que cada ano outorga AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos).
Entre outros motivos, o club galego recibiu este premio -según fallo do xurado- por recuperar o seu posto na liga ACB tras un contencioso que durou 19 anos e por clasificarse na pasada tempada para os play off polo título de liga. Un club con 45 anos de historia que non deixou de loitar ata ocupar a situación actual.
A entrega deste premio farase efectiva na Gala de entrega dos IV Premios de Galiza, a cal se celebrará o vindeiro 08 de novembro de 2013 ás 20:00h, no Auditorio de Galiza.