O Obradoiro remonta e vence ao Joventut
Trala nova vitoria en casa do Rio Natura Monbus Obradoiro, xa ninguén pode dubidar de que o Fontes do Sar é ofortín do equipo compostelán.
O Joventut impúxose desde o comezo, levando a iniciativa no xogo e no marcador, grazas sobre todo a unha intensa defensa e a unha boa racha de triplos, que bloquearon aos de Moncho Fernández.
Non foi ata o terceiro cuarto cando o Obradoiro despertou, liderando Waczynski unha remontada épica de 14 puntos, animada polos cánticos das bancadas do Multiusos Fontes do Sar. Na Zona Monbus, o club de baloncesto vigués Basket Sauces, o Club Deportivo Rois e o Recreo Cultural A Estrada sumáronse aos Obradoiristas, sumando un total de 5.046 espectadores ao grito de “A por eles oee”
No último cuarto, Waczynski e Haws continuaron liderando, deixando sen reacción aos visitantes.
Pouco puideron facer os de Salva Maldonado, que se quedaron sen marxe ante un Obradoiro preciso e arropado polos Obradoiristas, deixando un luminoso (83-79).
#ocamiñodailusion continúa, esperando a seguinte xornada da Liga Endesa contra Herbalife Gran Canaria, nunha meritoria sexta praza na clasificación.