Novo Abono para Desempregados en Madrid.
O Consorcio Rexional de Transportes de Madrid aprobou o novo abono para desempregados de longa duración acollidos ao Programa de Activación para o Emprego.
A finalidade é favorecer a este colectivo, facilitando a súa mobilidade mediante o sistema de transporte público na Comunidade de Madrid.
A data de entrada en vigor do novo abono será o próximo luns 16 de novembro.
As condicións do abono son :
- Unha única tarifa de 10 euros, durante un período de 30 días desde a primeira utilización do abono, á que se lle poderán aplicar os descontos correspondentes a familia numerosa e persoas con discapacidade.
- Ser parado de longa duración e estar acollido ao Programa de Activación para o Emprego.
- Utilización ilimitada en todos os operadores de transporte da Comunidade de Madrid.
Os usuarios que cumpran as condicións previstas poderán acollerse ao novo abono, presentando o documento acreditativo de admisión no Programa de Activación para o Emprego, en calquera rede de oficinas de xestión da tarxeta de transporte público.