Monbus será o novo patrocinador do Igualada Hoquei Club
O Igualada Jóckey Club, gañador de 6 Copas de Europa, 3 Supercopas de Europa, 2 Copas Continentais e numerosos títulos nacionais, chegou a un acordo con Monbus mediante o cal se establece o patrocinio da entidade para as vindeiras catro tempadas, revisable ao final de cada exercicio.
Monbus adquiriu no 2009 unha das marcas con máis tradición da bisbarra, La Hispano Igualadina, e agora quere axudar ao club deportivo cunha aportación duns 40.000 euros por tempada, uníndose deste xeito aos outros patrocinadores do IHC, Tradegrup e Buff.
O presidente do IHC, D.Manuel Burón asegura que un dos motivos que lles axudou a tomar esta decisión de colaboración é o forte arraigamento que ten a empresa de transporte de viaxeiros na cidade. Pola súa parte, o presidente de Monbus D. Raúl López, indicou que o vínculo entre ambas as dúas partes os favorecerá mutuamente.
A asinatura oficial e a presentación do novo patrocinador levarase a cabo durante o mes de setembro de 2013.