O Obradoiro vence comodamente ao CAI
O Río Natura Monbus Obradoiro permanece invicto en casa, logrando unha clara vitoria (82-67) fronte ao conxunto maño CAI Zaragoza.
O equipo galego fixo do pavillón Fontes do Sar o seu fortín, xa que o triunfo se quedou na casa.
Moi destacable a actuación de Adam Waczynski designado mellor xogador da terceira xornada da Liga Endesa de Baloncesto, anotando 30 puntos e sumando 36 puntos de valoración no partido, declarando ao término do encontro: “probablemente foi o mellor partido da miña vida”.
O Río Natura Monbus Obradoiro saiu desde o comezo con sede de vitoria pechando o primeiro cuarto cun (24-12).
O segundo cuarto foi para os zaragozanos pero, tras a saída dos vestuarios, o Obradoiro mostrouse claramente superior tanto en ataque como en defensa, onde o beirado polaco brillou no seu xogo, sendo claramente o 21 o home do partido.
O conxunto de Moncho Fernández foi aplaudido por toda a afección Obradoirista desde as bancadas do Multiusos Fontes do Sar pola súa magnífica defensa e aportación no rebote que incomodou en todo momento a fluidez no xogo do CAI Zaragoza.
O Río Natura Monbus Obradoiro continúa co #Camiñodailusion preparándose xa para a próxima xornada fronte ao Valencia Basket Club.