MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

Resumo

Monbus senta as bases do aforro enerxético

Como ven sendo habitual desde hai varios anos, o día 21 de outubro celébrase o Día Mundial do Aforro de Enerxía, un día orientado a sensibilizar á poboación acerca da necesidade de moderar o consumo enerxético con boas prácticas; por este motivo, Monbus repasa a súa política e mecanismos implantados así como a súa previsión de mellora.

Así, en materia enerxética, o grupo Monbus posúe o Certificado ISO 50001 - Sistema de Xestión da Enerxía, norma internacional que proporciona ás organizacións os requisitos con vistas á xestión e redución do consumo enerxético, o cal reverte na diminución da emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). Iso deriva do feito de que a maioría de recursos enerxéticos provén de combustibles fósiles, cuxa combustión produce os citados gases que tan perxudiciais resultan para o medio ambiente.

Entre os mecanismos adoptados nas instalacións cabe destacar:

  1. Iluminación: sistemas de iluminación LED en gran parte do edificio, interruptores para zonificación de áreas, sensores de luz diurna, sistemas de detección de presenza,entre outros.  
  2. Instalación de sistemas de illamento térmico estrutural.
  3. Emprego da práctica totalidade de equipos informáticos con etiquetado Energy Star.

En canto ao servizo de transporte:

  1. Implantación de técnicas de condución eficiente.
  2. Renovación de frota incorporando vehículos de gas natural e vehículos con motor Euro VI.
  3. Iluminación LED no interior do vehículo, faros e pantallas de indicación de destino.

Todo o anteriormente descrito forma parte dunha política empresarial de profundo arraigamento na empresa da que se desprenden obxetivos de constante mellora, tales como o emprego de sistemas de iluminación LED na totalidade das áreas ou a renovación de equipos electrodomésticos con etiquetado de clase A ou superior, entre outros.

Con todo iso, Monbus mostra unha vez máis o seu firme compromiso medioambiental, nesta ocasión coa promoción da eficiencia enerxética na xestión das súas principais liñas de negocio.