O Obradoiro repite outro ano como líder
O Río Natura Monbus Obradoiro conseguiu unha clara vitoria, tras impoñerse ao Baloncesto Sevilla (88-53).
Grazas a este triunfo, o Obradoiro estréase na liga Endesa como líder, repetindo así o logro alcanzado o ano pasado. É a cuarta vez que o equipo gaña o partido inaugural, algo que xa tiña conseguido na temporada 2012/2013. Este Debut foi celebrado por toda a afección Obradoirista, case 5000 espectadores, que fixeron vibrar as bancadas do Fontes do Sar.
O Río Natura Monbus Obradoiro impúxose desde o principio e, sorprendentemente, non se botou en falla en ningún momento ao pivote lesionado Alec Brown xa que no intercambio de canastras, o Obradoiro saiu beneficiado polo seu maior acerto, logrando impoñerse a un Baloncesto Sevilla que non tivo o seu mellor día en defensa. O home do partido foi Angelo Caloiaro que anotou 21 puntos, aínda que o resultado final se logrou grazas a un gran traballo de equipo.
O Río Natura Monbus Obradoiro comeza con bo pé o #Camiñodailusion preparando xa a próxima xornada contra o Laboral Kutxa Baskonia.