Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Novo servizo exprés El Vendrell - Barcelona

A partir do 28 de setembro, Monbus, a través de Hispano Igualadina, estrenará unha nova liña exprés que conecta El Vendrell, l'Arboç e Barcelona. Ofrece novos servizos de transporte en autobús, pensando nos habitantes de El Vendrell e l'Arboç, especialmente nos que necesiten desprazarse a Barcelona en horario lectivo e laboral.

A frecuencia de expedicións veráse incrementada ata acadar as 7 expedicións diarias de luns a venres (lectivos) de El Vendrell a Barcelona e 6 no sentido oposto. Os sábados manteránse 2 expedicións e os domingos e festivos unha. (Ver horarios completos no PDF adxunto)

O colectivo de estudantes universitarios será un dos grandes beneficiados deste novo servizo, xa que unha das paradas se situará na Av.Diagonal: Zona universitaria.

Co aumento de frecuencias tamén se cubrirán as necesidades de mobilidade dos traballadores, con paradas nas zonas concéntricas de Barcelona: por un lado o Passeig de Gràcia e por outro lado, a Estación de Autobuses Barcelona Sants, con conexións de transporte urbano e interurbano.

Trátase dun servizo exprés cunha frota de autocares renovada que reforza a demanda de transporte entre El Vendrell e Barcelona dunha forma rápida e útil. Redúcese sustancialmente o tempo de viaxe e a duración do traxecto é dunha hora en condicións normais de circulación, sempre garantindo as mellores prestacións de seguridade e confort.