Novo servizo exprés El Vendrell - Barcelona
A partir do 28 de setembro, Monbus, a través de Hispano Igualadina, estrenará unha nova liña exprés que conecta El Vendrell, l'Arboç e Barcelona. Ofrece novos servizos de transporte en autobús, pensando nos habitantes de El Vendrell e l'Arboç, especialmente nos que necesiten desprazarse a Barcelona en horario lectivo e laboral.
A frecuencia de expedicións veráse incrementada ata acadar as 7 expedicións diarias de luns a venres (lectivos) de El Vendrell a Barcelona e 6 no sentido oposto. Os sábados manteránse 2 expedicións e os domingos e festivos unha. (Ver horarios completos no PDF adxunto)
O colectivo de estudantes universitarios será un dos grandes beneficiados deste novo servizo, xa que unha das paradas se situará na Av.Diagonal: Zona universitaria.
Co aumento de frecuencias tamén se cubrirán as necesidades de mobilidade dos traballadores, con paradas nas zonas concéntricas de Barcelona: por un lado o Passeig de Gràcia e por outro lado, a Estación de Autobuses Barcelona Sants, con conexións de transporte urbano e interurbano.
Trátase dun servizo exprés cunha frota de autocares renovada que reforza a demanda de transporte entre El Vendrell e Barcelona dunha forma rápida e útil. Redúcese sustancialmente o tempo de viaxe e a duración do traxecto é dunha hora en condicións normais de circulación, sempre garantindo as mellores prestacións de seguridade e confort.