MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

Resumo

Chegan as ReVibajas ata o 18 de decembro

Dende hoxe mesmo os usuarios de Vibasa que adquiran os seus billetes online coa data de viaxe comprendida entre o 1 de outubro e o 18 de decembro, poderán beneficiarse de descontos de ata o 50% mercando coa suficiente antelación en www.monbus.es

Trasladarse pola Península será máis doado grazas a estas ofertas para a compra de billetes de ida entre importantes comunidades autónomas como o País Vasco, Navarra, Castela e León, Aragón e Cataluña. Canto maior sexa a antelación coa que se efectúe a compra do billete a través da web, maior será o número de prazas dispoñibles con descontos e maior será a cuantía destes. Estes billetes con desconto non serán modificables nin anulables.

Algunhas das ofertas máis destacadas para poder desfrutar dos descontos de ReVibajas son as seguintes:

No que vai de ano máis de 2000 persoas beneficiáronse dos descontos de ReVibajas a través da compra de billetes en www.monbus.es, cifra que demostra a grande aceptación que este tipo de promocións ten entre os usuarios.

Merca a tempo e ¡viaxa ó 50%! seguirá sendo o lema da campaña de ReVibajas, onde Vibasa inclúe como é habitual as máximas prestacións de seguridade e comodidade dunha frota renovada anualmente, entre as que se inclúen asentos Confort Plus, váter a bordo, Wi-Fi de balde e enchufes individuais para poder recargar e empregar os teus dispositivos móbiles durante todo o traxecto.

Consulta na nosa web tódalas condicións das ReVibajas.