Tarragona e Reus, máis preto con Monbus
A partir do próximo 15 de setembro desprazarse de Tarragona a Reus ou de Reus a Tarragona será máis fácil e rápido, grazas á entrada en funcionamento da nova liña e4 de Hispano Igualadina para Exprés.cat. Este reforzo de liñas posibilitará incrementar a frecuencia de expedicións a intervalos de 15 minutos aproximadamente, intensificando o servizo nas horas punta e en liñas especialmente demandadas.
De luns a venres e dende o 1 de setembro ata o 30 de xuño se ofrecerán 21 novas expedicións directas en sentido Reus - Tarragona e 18 en dirección Tarragona - Reus, xunto con 6 novas conexións directas en cada sentido entre os Campus Universitarios de Tarragona e Reus. Durante o período estival, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, o número de liñas de luns a venres será algo menor, con 13 novas expedicións directas de Reus a Tarragona e 12 en sentido contrario.
No que respecta á fin de semana, os sábados non festivos realizaránse 5 novas expedicións directas en sentido Reus - Tarragona e 1 no sentido oposto Tarragona - Reus, mentres que os domingos e festivos se efectuarán entre Reus e Tarragona 6 novas expedicións diarias e unha menos, 5 en total, entre Tarragona e Reus.
Ademais dun mellor axuste da oferta ás necesidades de mobilidade desta área e un reforzo das saídas en horas de maior concentración de demanda, con esta nova liña se ofrecerá ao usuario información dinámica en tempo real a través de pantallas nas paradas principais. Os vehículos que realizarán o servizo, forman parte dunha frota renovada anualmente que contan coas máximas prestacións de seguridade e confort, Wi-Fi e prensa gratis, garantindo así a calidade do servizo.