3.000 cataláns vivirán a Diada con Monbus
Con motivo da celebración da Festa Nacional de Cataluña, Monbus prestará os seus servizos de alugueiro de autobuses á Asamblea Nacional Catalá, para achegar a aqueles habitantes das comarcas de Les Garrigues, Tárrega e l’Anoia que desexen participar nos actos de celebración que terán lugar ao longo do venres na cidade de Barcelona. Prevese que o total de desprazamentos repartidos entre os servizos de transporte discrecional e transporte regular de Hispano Igualadina e Vibasa, sexa de aproximadamente 3.000 persoas.
En concreto, 42 autocares de entre 50 e 88 prazas recollerán entre as 11:00 e as 13:00 horas da mañá a aqueles que queiran desprazarse dende Puiggròs, Arbeca, Omellons, Les Borges Blanques, Sunyer, Alfés, Cervià de les Garrigues, Vilosell, Castellolí, La Pobla de Claramunt, Copons, La Torre de Claramunt, Castellfollit de Riubregós, Calaf, Jorba, Sant Martí de Tous, Vallbona d’Anoia, El Bruc, Vilanova del Camí, Tàrrega e Igualada. Ao termo das celebracións, entre as 20:00 e as 21:00 horas, os autobuses emprenderán o regreso ás localidades de orixe.
Esta oferta complementarase cos servizos regulares de Vibasa, que unen habitualmente Barcelona con San Sebastián, Irún, Pamplona, Vigo, Aranda de Duero, Tudela, Soria ou Salamanca, entre outras localidades; e as liñas urbanas e interurbanas de Hispano Igualadina, que actualmente desprazan á Cidade Condal a pasaxeiros dende poblacións como Reus, Vilafranca del Penedès, Esparreguera ou Igualada.
A Diada, Festa Nacional de Cataluña ou Día de Cataluña celébrase cada 11 de setembro en conmemoración da caída de Barcelona en mans das tropas borbónicas durante a guerra de Sucesión Española tras catorce meses de sitio, concretamente o 11 de setembro de 1714. O Parlamento de Cataluña, tras o seu restablecemento en 1980, declarou esta data Festa Nacional catalá na súa primeira lei.
Para poder chegar aos actos programados para este ano e, debido á grande cantidade de persoas que está previsto que se despracen, poranse a disposición dos asistentes autobuses do servizo discrecional de Monbus e das liñas regulares de Hispano Igualadina e Vibasa, unha frota en constante renovación e dotada cos sistemas de seguridade e confort máis avanzados, para facer da viaxe unha experiencia pracenteira e ofrecer así un servizo de calidade superior.